O BARRIO DE CANIDO

Con orixe nunha vila rústica medieval a anexión física de Canido á cidade de Ferrol supuxo unha fronte entre dous modelos de cidade a construír: o vello barrio que medra por expansión, e a cidade nova e planificada alzada en bloques que non observan onde están. Este choque de plantexamentos urbanísticos e formas de vivir e de entender unha cidade deron a Canido unha morfoloxía única e ambigua, que en ningún caso perdeu o seu celme.

De entre estes recunchos do vello Canido querémosvos  descubrir, polo menos, os mais salientables.

-A Praza do Cruceiro de Canido, considerada o centro do barrio e cruce das principais rúas (Alegre, Ínsua, Alonso López e Atocha).

-A Praza da Tafona. Entre Alonso López, Muíño do Vento e Estrela.

-O Corral de Chapón (que comunica a rúa Alegre con Pérez Parallé).

-Porta de Canido (antiga porta da muralla da cidade) e sé do Museo Galego de Historia Natural (racionalista).

-Baluarte de Canido. Con vistas á Malata (e aos fogos artificiais), este pequeno miradoiro xa ten a súa propia Menina.

-Antigo lavadoiro. Baixando a lomba consérvase este vestixio da arquitectura popular.