ARTESÁNS
FEIRA DE ARTESÁNS. PARQUE ANTÓN VARELA

SÁBADO 31 E DOMINGO 1
10.00 RÚA PÉREZ PARALLÉ
CONFECCIÓNS DE SOMBREIROS
POLITA HATS
https://www.sombrerospolitahats.com/
instagram: @politahats
facebook: https://www.facebook.com/politahats
twitter: @politahats
"Atrevidos, extravagantes, circenses, elegantes, peculiares, diferentes, encantadores, os Polita Hats son unha especie de emanación da muller que os debuxa e modela. Os chapeus de Polita son pezas sen tempo. A súa beleza non é pasaxeira nin está prisioneira das modas. Vestir un Polita significa provocar unha reacción en quen nos mira. E ben, existe algunha vantaxe en pasar desapercibida? E é que nestes tempos nos que o chapeu non é un complemento obrigado os Polita só son aptos para persoas con devezos de aventura."

T3NTACION3S
facebook: https://www.facebook.com/T3ntacion3s
e-mail: t3ntacion3s@hotmail.com
"Mandís divertidos, diferentes, con deseño personalizado, orixinais e exclusivos.
E moitas cousas mais...
Unha idea que xorde de crear algo diferente e exclusivo, cada peza é única e confeccionada a man con materiais de primeira calidade.
Mandís para mulleres, homes e nenos. Bolsas para o pan. Mantelerías. Bolsos, Neceseres.

EFERRO
"Crean unha nova liña de zocos feitos con cores atrevidas e deseños en sintonía coas tendencias de moda, inspirada na natureza e os animais"

DÁVANA
"Dávana significa 'Agasallo' en letón, pero aínda que a palabra veña de tan lonxe, Dávana nace nun pobo de Galicia para chegar aínda mais lonxe, aínda mais alto.
Dávana é ilusión, é creatividade, é o bonito das pezas únicas, é o especial do feito a man.
Dávana son outras cinco vacas no millo."

TRUFFA TRUFFA
"Os nosos bolsos e carteiras están feitos de papel plastificado, recortados e trenzados a man. Reciclados e deseñados personalizadamente."

MUCHACHICHA
"Somos un dúo en clave de Xémini que baixo a teimosía conxunta crea unha marca de roupa interior feminina. Cansas de ter a "raja" sucada por fíos de tea e inchazóns premenstruais embutidas en elásticos, facemos unha visión introspectiva das nosas necesidades en canto comodidade íntima. Non resoltas nin ledas co que se nos ofrecía -un trazo moi xeminiano- acéndesenos a lámpada: Por que non facelo nós mesmas? E alá que fomos. E aquí que estamos."
SOPA DE NUEZ
https://www.facebook.com/Sopa-De-Nuez-1479018772135077/
instagram: @sopadenuez
"Sopa de Nuez é unha marca que xorde da cabeza de Verónica Marí Granda. 100% galega, desde o seu deseño ata a súa produción. Cunha filosofía divertida, que pretende identificarse cun sector da poboación. Deseños na súa gran maioría unisex, onde os estampados teñen un peso moi importante e combínanse con patróns dos anos 70 e 80.
A ilustración é moi importante para Sopa de Nuez, cada unha delas cunha mensaxe; son aplicadas en chapas, papel e téxtil. A técnica coa que se plasman no tecido é por medio de serigrafía e pintada a man. Todo feito con tempo e agarimo, deixando un pouquichiño de nós en cada un dos produtos."

DBEA FILIGRANAS
"Pendentes, colgantes, broches...e moitas cousas máis. Feito a man con filigranas de papel e resinas epoxi."
EMEVINTAGE
www.emevintage.wixsite.com/shop
instagram: @emevintageshop
facebook: https://www.facebook.com/sieteedeseos
"Artesá ferrolá que nos trae prendas vintage ao noso "atelier", ademais de bisutería principalemente elaborada a man de forma artesán."

AYENKA
"Lámpadas, bandexas, abalorios, espellos e moito máis realizados coa técnica Tiffany."
"A técnica foi creada a finais do século XIX por Louis Comfort Tiffany, fillo maior do fundador da famosa e elitista xoiería Tiffany & Co. Elabora esta técnica inspirándose nas vidreiras da cultura islámica, o que explica o seu colorido e a súa abstracción."
SÁBADO 31
12:30 - 13:30. CREA A TÚA MENINA
NENOS DE 6 A 13 ANOS
DOMINGO 1
12:00 - 14:00. CREA A TÚA MENINA
DE 13 A +99 ANOS
RÚA PÉREZ PARALLÉ
AZULMORENO
facebook: https://www.facebook.com/azulmorenodeko
instagram: @azulmorenodeko
"Azulmoreno non é só unha cor inventada próxima á noite, é a Tenda/Taller Deko de reciclaxe
creativa e restauración de mobles de Lolenka Pedreira, no que se realizan atrezzo de artes escénicas, proxectos por encargo, decoración de eventos tanto artísticos coma para
particulares, así como vendas de obxectos especiais e artigos de restauración.
Como punto de venda oficial de pintura e materiais decorativos Chalk Paint de Annie Sloan, é un lugar de encontro, asesoramento e inspiración, onde o principal obxectivo, especialmente nos talleres que se imparten, é gozar da cor, das brochas e da vida."