ESCÉNICOS

VENRES 30

18.00. ESCENARIO PRAZA DA AUGA


EXTRACHEESE + SEROTONINA

+ BROKEN NOTES

"Formacións formadas por alumnos no centro RockSchool, academia de música clásica e moderna con titulación internacional RockSchool con varios centros na comarca de Ferrolterra."


VENRES 30

20:00. ESCENARIO PRAZA DA AUGA


MIGUEL LAMAS

https://www.facebook.com/miguellamasofficial

instagram: @miguellamasdrums

twitter: @MiguelLamas

"Músico ferrolán afincado en Madrid, con máis de 20 anos de carreira nos que tocou con bandas e artistas, tanto en directo como en estudo, como: Raimundo Amador, Miguel Ríos, Amaia Montero, Miriam Rodriguez, Abraham Mateo, Andrés Suárez, David Bustamante, Tamara, Ou' Funk' Illo, Tomasito, Lin Cortés, Dean Bowman, Jorge Pardo, Tom Kennedy, Pepe Bao, Santiago Campillo... cos que virou en España, Arxentina, Chile, México, USA, Australia, Perú, Bélxica, Francia, Alemaña, Marrocos, Italia, Holanda, Portugal, Inglaterra.."


VENRES 30

20:00. ESCENARIO PRINCIPAL. RÚA PÉREZ PARALLÉ



FUNKOTES


"Funkotes é un grupo formado na contorna da bisbarra do Morrazo, polos consagrados músicos Chus Pazos á batería, Rafa Morales ao baixo, Wilfried Wilde á guitarra eléctrica e Cecilia Martínez á voz, que fan temas propios e algunhas versións de temas do funk, soul e R&B dos anos 60 e 70 de artistas como Marvin Gaye e Roy Ayers e tamén do panorama americano actual como Erykah Badu e Anderson Paak. Cunn son que se move entre o vintage e a experimentación"

VENRES 30.

20:30. ESCENARIO PRINCIPAL. RÚA PÉREZ PARALLÉ



JENNIFER PROTAMPAX


"A Mac Hernández coñéceselle como baixista das bandas de Ariel Rot, Coque Malla e Afasto Stivel, pero poucos saberán que ten o seu propio grupo, o trío Jennifer Protampax. Ademais, foi un dos fundadores de Sex Museum e tamén pasou por Lions in Love ou pola última encarnación de Tequila. Pois ben, por se iso fose pouco, en Meninas estará acompañado do gran Anye Bao e Rafa Kas (Toreros Muertos, Extremoduro ou A Union)."


VENRES 30

01:00. ESCENARIO PRINCIPAL. RÚA PÉREZ PARALLÉ.



DJ SILVIA SUPERSTAR


"Compoñer, producir, deseñar roupa, cantar e tocar, Silvia ten unha ampla experiencia tras os pratos e as súas sesións cheas de Soul, Rock' n' Roll dos 50, Surf, Garaxe, Pop son lendarias. Pasou por clubs e festas como Pantera Madrid, Nasty Mondays Bcn, Rock Nights Eivissa, Araña, Mondo Vigo, Privillege Eivissa, Space Eivissa, eventos para J& B, Absolut, Cosmopolitan, Agatha, Diesel, Svarowsky.."


SÁBADO 31

13:00. ESCENARIO PRAZA DA AUGA.


TUULI JARTTI


facebook: https://www.facebook.com/tuulijarttimusic

"Cantante, compositora e multiinstrumentista de Oulu, Finlandia. Comezou a compoñer cancións mentres vivía nun pequeno pobo costeiro na Costa da Morte, Galicia, Fisterra, "o fin do mundo". Desta estremeira de Europa e dos recunchos melancólicos da existencia, a súa música flúe, seguindo os pasos fráxiles e místicos do folk psicodélico dos anos 60 e 70, como Linda Perhacs, Sibylle Baier e Pearls Before Swine. Con sutís melodías de guitarra, voz, violín e sintetizadores, cruzando e harmonizando, fala de perda, tristura e morriña no amor e a natureza.

As súas cancións transmiten a loita dunha persoa para atopar significado e luz no medio de problemas ambientais desgarradores e tempos turbulentos."


SÁBADO 31

20:00. ESCENARIO PRAZA DA AUGA


SANDRA CALDERÓN


facebook: https://www.facebook.com/pg/SandraCalderonOficial

instagram: @sandracalderonoficial

"Sandra Calderón e Flamenco Band é unha banda de gran recoñecemento no panorama músical. Formada en abril do 2014, conta xa na súa traxectoria cun gran número de concertos realizados baixo a batuta de Sandra Calderón, a fundadora do proxecto. Flamenco Band fai incursión nunha variedade de estilos musicais. Con formación estable, os seus músicos achegan a diversidade sonora da banda. Inclúe no seu repertorio cancións de estilo fusión, de jazz e latin jazz, baladas, salsa e máis; todo aderezado cun inconfundible toque flamenco e de calidade.

Cunha ininterrompida actividade desde o seu nacemento, conta cunha grande  aprobación do público en xeral, que o acompañou desde os seus inicios nesta marabillosa viaxe"


SÁBADO 31.

18.30. ESCENARIO PRAZA DA AUGA.


HAVANA SOUL. ALMA HABANERA.



"Wilson Ortega chega co formato de Havana Soul, un tributo ao legado dos Mestres do Jazz Latino e a música cubana. Renden unha homenaxe a unha época e a unha maneira de entender e concibir o música pero cunha perspectiva do noso tempo"

"HAVANA SOUL" está formado por:

Wilson Ortega - Lead & Trumpet and Flugelhorn
Dayami Andux-Voz Solista
Sergio Delgado- Piano
Fernando Couce- Timbal & Drums
Jose Luis Cuba- Bass"


SÁBADO 31

21:30. ESCENARIO PRINCIPAL. RÚA PÉREZ PARALLÉ.


KILLER BARBIES


"Killer Barbies están de volta. Fano cun EP de seis temas porque, como di a súa vocalista Silvia Superstar, «apetécenos sacar algo novo. Empezar a tocar porque a nosa fonda é o directo. Son carne de escenario total. O sacar discos, o estudo está ben para que a xente saiba o que fas, pero somos unha banda de directo."

Fonte: A Voz de Galicia (enlace aquí)


SÁBADO 31

23:45. ESCENARIO PRINCIPAL. RÚA PÉREZ PARALLÉ


SINIESTRO TOTAL


https://siniestro.com/

"Como presentar unha banda que non precisa de presentación, que chega con lelo seu nome para que unha frase salte na nosa cabeza e comecemos a cantar. Compuxeron cancións que son auténticos himnos, himnos xa inmortalizados por bandas sonoras que nos lembran a talla de quen temos diante. Porén tamén evolucionaron, maduraron en novos sons, novas letras, novos camiños; que demostran a vixencia e a actualidade de Siniestro Total (...non crerías que xa o escoitaras todo deles ?)."




SÁBADO 31

01:00. ESCENARIO PRINCIPAL. RÚA PÉREZ PARALLÉ.


DJ BLACK MAMBA +

VANESSA VALERO


instagram:  @vanessavalero_music

"Artista multidiciplinar que chega as (Fe)Meninas 2019 na súa faceta muscial, pero hai que destacar tamén a súa faceta cómica na forma de monológos."




DOMINGO 1

19:00. ESCENARIO PRAZA DA AUGA.


ENCRUCILLADA



"Grupo de música tradicional galega da bisbarra de Ferrolterra. Todos eles son músicos da comarca, dos concellos de Fene, San Sadurniño, As Somozas, Narón e Valdoviño, con ampla traxectoria e unidos en Encrucillada desde finais de 2015.

O pasado ano  2018 sacaban ao mercado o seu primeiro disco,   "Marbán", que inclúe doce temas coa mellor música tradicional galega."


DOMINGO 1


BITTER CANS

Un estilo que nace a partir das múltiples influencias dos seus compoñentes, rock clásico, indie, blues, música portuguesa, etc.

"Bitter Cans, a través  das múltiples influencias dos seus compoñentes que van desde o rock clásico ou o indie ata o blues ou a música portuguesa, entre outras, logran construír o seu propio estilo, único e persoal."



DOMINGO 1

21:00. ESCENARIO PRAZA DA AUGA



BLACKSTEREO


facebook: https://www.facebook.com/pg/Blackstereoband

"Asi somos Blackstereo ao 200%!!!
60% Funk
30% Jazz
40% Rock&Roll
70% Soul"


DOMINGO 1


13:00. ESCENARIO PRINCIPAL. RÚA PÉREZ PARALLÉ.


BANDA FERROLÁ DE MÚSICA


facebook: https://www.facebook.com/bandaferrolademusica

"Banda  de música municipal integrada por corenta músicos e o seu director creada no ano 2001."




DOMINGO 1

20:00. ESCENARIO PARQUE ANTÓN VARELA.


ISABEL RISCO

NABIZA GIRL

20:00 PARQUE ANTÓN VARELA


facebook: https://www.facebook.com/isabel.risco


"Neste espectáculo coñecemosmos a Chelo García Naveira, máis coñecida como Nabiza Girl, unha superheroína rural gallega con denominación de orixe protexida e poderes que proveñen do sulfato"