HORTO DE CANIDO

BAGAS (44 pés)

6 Arandeiras negras, 8 arandeiras vermellas, 7 bagas de Goji, 5 groselleiras amarelas, 4 groselleiras negras, 7 groselleiras vermellas e 7 moreiras negras.

FROITEIRAS (22 pés)

1 Albaricoqueiro, 2 ameixeiras Golden Japan, 2 ameixeiras negras, 2 ameixeiras Santa Rosa, 1 ameixeira Stanley, 1 abeleira Fertil Coutar, 1 castiñeiro, 1 figueira, 1 maceira Bravo de Esmolfe, 1 maceira Granny Smith, 1 maceira Fuji, 1 maceira Reineta, 1 maceira Riscadinha Cunha, 1 marmeleiro, 1 pereira branca, 1 pereira común, 1 pereira Dona Xaquina, 1 pereira limoeiro e 1 pereira Passe Crassane.

Este ano, co ánimo de contribuír á rehabilitación do barrio de Canido e a recuperación de espazos abandonados para esparexemento e goce de veciños e visitantes, puxemos en marcha unha nova iniciativa: o Horto de Canido. Sito no "Campito" (R/Manuel Arias "Lilí").

Canido nace na Idade Media como unha vila agraria. Este vencello coa terra permaneceu intacto ata a chegada do "desarrollismo" e a expansión urbana de Ferrol cando foi engulido, para ser deixado da man de Deus poucos anos despois cando España pagou cos estaleiro de Astano a súa entrada na entón CEE e hoxe Unión Europea.

Se As Meninas de Canido supuxeron no seu momento a fin da decadencia dun barrio, agora queremos tamén que As Meninas de Canido sirvan tamén para a recuperación dos espazos públicos degradados, devolvéndollos aos veciños para o seu goce.

Para isto plantamos 66 bagas (froitos da fraga) e árbores froiteiras. Convidámosvos a visitalo e a axudarnos a coidalo.