MURAIS


SFHIR


www.sfhir.com

facebook: https://www.facebook.com/sfhir.ogtlcsiete

twitter: @sphir

instagram: @sphir

"Nunha procura continua experimentou con multitude de técnicas, cicelando cada detalle dun modo laborioso, case obsesivo, para acadar o máis cru hiperrealismo. Diseccionar a realidade e plasmala dun modo gráfico, arrepiante, a través dun filtro acedo e, en ocasións, sanguento. Temáticas variadas e un elemento común en todas as súas obras: as realidades inquedantes. Unha frase escrita nun tren neoiorquino deixoulle marcado para sempre ´´Só sei que non podo parar" ....aquí..."

BRE BARCELONA


"Con máis de 25 anos pintando no mundo do graffiti e sendo compoñente de grupos como MAC de Paris e BAD Nova York,  a arte do BRE viaxou polo mundo, Honk Kong, Londres, Alemaña, París, Nova York, Austria, Moscou ... decorou coa súa arte desde as rúas, ata a televisión, exposicións internacionais, espectáculos, performance ... Artistas e celebridades, como Rosario Flores, Antonio Orozco, Malú, Pepón Nieto, Paco Tous, Dani Robira, O mago Pop, Ferran Martorell, entre outros, teñen a súa arte. Fotografía, moda, publicidade, bodypaint, galerías, museos, exposicións, películas, nada escapa á imaxinación de BRE."



ROSA SALANOVA SHAKTI


https://www.facebook.com/rosa.fernandezsalanova

instagram: @salanovashakti

"Artista plástica dende 1989 (da man de Ricardo Seguro Torrella), profesora de danza (Shakti Danza, Ferrol) e escritora.

A súa obra exponse tanto dentro coma fóra de España: Estados Unidos, Marrocos, China, Italia, Francia, Cuba, Colombia ou Arxentina."


MARÍA LUISA GRANDÍO NOVAIS


Esta prolífica artista da Costa da Morte, que xa viu viaxar a súa obra por Francia, Estados Unidos ou Suecia; sempre implicada coa súa terra; é unha mestra da pintura que nembargantes semella non deixar de aprender e absorber nunca. Xerente de Novais Arte, e directora da sala Nov Sala de Arte e comisaria de Espazo Cultural Coruña.



CAROL NICOLE MERRILL


https://www.facebook.com/carol.n.merrill

"Desde Salt Lake City chega esta rapaza que ademais de explorar o eido da pintura, toca outras vertentes artísticas. Salienta tamén por ser cómica e unha grande apaixoada dos gatos."

ARUMA8

www.aruma8.com

facebook: https://www.facebook.com/pg/aruma8

instagram: @aruma_ocho

"Co pasar dos anos o graffiti levoume a coñecer lugares novos e moitas persoas que me deixaron ensinanzas para toda a vida.

A través de traballos, proxectos e tamén, moitas veces polo pracer de desfrutar, fun desfrutando desta arte que se vive na rúa e é unha experiencia fermosa."


INÉS BECKMANN


https://www.facebook.com/in.esuka.art

instagram: @in.esuka


"Inés Beckmann (Madrid, 1989) é licenciada en Belas Artes con máster en Proxectos Fotográficos. Estudou en Madrid, Atenas e Málaga, onde desenvolveu os seus primeiros proxectos artísticos e expositivos, nos que trataba temas filosóficos, naturalistas e humanos. Actualmente traballa no ámbito didáctico, desenvolvendo e impartiendo obradoiros creativos."


JUAN CONDE


instagram : @juanconde2


"Artista orixinario de Montevideo (Uruguai) afincado  en Madrid."

EDUARDO HERMIDA


facebook: https://www.facebook.com/eduardo.hermida.3

instagram: @eduhermida

twitter: @EduHermida4

"Eduardo Hermida podería definirse como un artista do íntimo e do cotiá, pintor, escultor e fotógrafo; alma das meninas de caniso; espírito inquedo para o que crear, é respirar...

Porén, el prefire definirse a sí mesmo como un "artista de barrio", "aínda que máis artista consíderome un aprendiz"."


TARDOR GRAFFITI



"Estou moi ledo por ter gañado o concurso [Jesús Pobre, Deputación de Alicante) co meu mural "El feminisme és la clau" (O feminismo é a chave. Denia, 2019).

Nesta obra narro un problema e lacra da nosa sociedade como é o patriarcado, (representado polas cadeas) ao cal só se pode vencer cunha educación e loita feminista (representado coa

chave que ademais ten o símbolo feminista)".


ALEJANDRO LORENZANA


https://www.facebook.com/alejandro.lorenzana.54


"Todos os nenos debuxamos de pequenos, o que pasa é que hai xente que o deixa e xente que continúa, pero non pasou un momento en que dixen que me quero dedicar á arte, chegou todo máis ou menos rodado". Esa rodaxe iníciase coa súa formación en cidades coma León ou A Coruña, pasando por Perú, experiencia que deixou unha boa pegada e da que incorporou certas cousas no seu proceder á traballar."



YANINA TORRES


instagram: @yaninatorrestuiran

facebook: https://www.facebook.com/pg/yaninailustracionydiseno


"Unha enorme artista multidisciplinar cunha obra na que explora con diferentes disciplinas artísticas, tocando tanto a ilustración, a pintura e o mural coma a fotografía, o deseño gráfico web ou a animación."



MEL MILLÁN



Profesora de pintura e ilustración na Escola de Arte do Centro de Vida Saudable do Ventorrilo, na Coruña.

 A artista interdisciplinar conxuga a paixón pola arte coa paixón polo traballo social facendo a unha viaxe introspectiva a "eu" e "nos".

"As miñas inquedanzas foronse ampliando co tempo. As diversas experiencias laborais e os diversos estudos foron creando diferentes vieiros que me levaron a transitar polos proxectos de estratexia cooperativa e por materiais didácticos para unilas persoas, mellorando as relacións a través do xogo coa finalidade de desenvolver as habilidades específicas individuais, potencialas e conseguir que o obxectivo sexa gañar todos para gañar "eu". E isto pódese conseguir a través da arte."



ÁLVARO DORDA


"Integrante de diferentes bandas banda de rock (Mandrágoras, Ultracuerpos e dende 2018 Electra), este ilustrador con alma poética (Versos on the Rocks, Laberinto de Paixóns, 2008) percorreu dende a banda deseñada ao mural sempre coa música presente.

"Para mín, a ilustración percíbea xente con sensibilidade, como a música ou calquera expresión artística".


ALEX ESTUDIO 18


instagram: @alexestudio18


"Autor de obras en edicións pasadas coma o mural retrato de Eduardo Hermida, Alex  aterriza outro ano máis  para deixarnos un pouco da súa arte no barrio."


DIEGO  GONZÁLEZ CEREIJO


"Quen non reparou alguna vez paseando por Canido na secuencia de "3Meninas a...". Pois darémos unha pista, son obra do artista mariñao Diego Cereijo.

Diego é un creador de beleza, pero non se considera artista, e iso que leva debuxando e deseñando carteis, logotipos, invitacións, fotografías... desde a súa infancia. Fai poucos anos probou a trasladar os seus bocetos a tamaño mural, co gallo das Meninas de Canido, e a experiencia resultoulle tan boa que quedou con ganas permanentes de seguir explorando esta disciplina.

https://www.facebook.com/dgcereijo

instagram: @dgcereijo


VICTORIA CASAS LAGE


https://www.facebook.com/vicky.casaslage

instagram: @victorialand76


"Vicky é unha muller camaleónica, cun gran control da técnica, derivado dos seus estudos en Belas Artes e da súa grande experiencia e perseverancia como pintora.

Poderedes recoñecelas súas Meninas polo emblema "Ela é mina menina" (nome da canción homónima de Os Mutantes, 1968)."


LANÉ LEAL



"María Leal é unha fotógrafa profesional venezolana instalada en Madrid. A súa fotografía caracterízase por tomar riscos dentro da súa interpretación e procurando sacar de contexto a información directa do fotografiado. Na arte, busca integralos individuos que síntense excluídos ou censurados polos convencións sociais."


ZÉ CARRIÓN


https://www.facebook.com/Ze-Carrion


"Dende extrañas virxes con nenos (iconografía de orixe bizantina) ata unha pantasmagórica Kim Phuc (aquela nena vietnamita que corría núa e soa fuxindo do napalm). Nenos que esmorecen, persoeiros históricamente horribles, cristos apandando coa cruz, pesoas con obesidade.

Sempre hai unha mensaxe, unha alarma, unha reflexión que convida ao espectador a ir alén do formal. Algo está errado e non podemos permanecer impasibles."


JULIO CUBILLOS


https://www.facebook.com/julio.cubillos.5


"Chileno de orixe, este mestre de deseño e xefe de impresión de pantalla é coordinador do obradoiro de serigrafía do espazo cultural La Tabacalera en Madrid."






ZONE DECO


"Zonedeco é un grupo integrado por Irene Coll e Ángela Ruiz. Chegadas a Ferrol grazas a unha amiga a súa proposta para este 2019 en Canido é un xardín vertical feito de refugallo das praias. Unha invitación a reflexionar sobre a nosa pegada na natureza."


DECLAN FAULKNER

"Pintor de orixe irlandesa e afincado na Coruña. Este artista é coñecido e recoñecido non só pola súa obra senón tamén pola súa solidariedade como benefactor de múltiples eventos e organización da costa ártabra."


MARGOT RODRÍGUEZ SALVADOR


instagram: @gota.d.mar


"A eumesa Margot Rodríguez comezou a súa carreira artística como retratista por encargo, fai tan só un ano que decidiu apostar pola pintura mural: "probei a facer un e sentinme leda, pareceume que ficara ben e decidín seguir por ese camino. Creo que ten futuro e ademáis pode velo todo o mundo sen necesidade de pagar".


JOSÉ MANUEL MOLINA CASTRO


https://www.facebook.com/josemanuel.molinacastro.90/

"Dende Torre del Mar en Málaga chega este pintor de carreira (Licenciado na Faculdade de Belas Artes de Sevilla e doutor pola Universidade de Granada) e director D'Art-Escuela de Arte para impregnar Canido do celme andaluz."


JESÚS LORENTE


https://www.facebook.com/Jes%C3%BAs-Lorente-pintor-y-artista-pl%C3%A1stico-697134040364232/

https://www.facebook.com/lacompaniademario.mario/


"Integrante do colectivo La Compañía de Mario (orixinaria de Los Alcáceres, Murcia, e participada por mais de 70 compoñentes).

"A nosa intención era achegala arte ao cidadán de a pé e poñerlla diante, facerlle coñecedor dela; xa que moitas veces é descoñecemento e falta de tempo e non falta de interese o que lle leva a ignóralo, que non a desprecialo. A través de estas manifestacións artísticas en soporte rúa guese suscitalo interese pola arte urbana contemporánea a nivel global, rachando a cotidianidade, rutinas diarias e estrés que absorben o tempo e a vida do ser humano de hoxe. Intentando provocar emocións, estímulos sensoriais, opinión, conceptos... Democratización e humanización das artes".

MARIO MANEI


"Mario Maneiros é músico, integrante da banda Irene Caruncho (aos teclados). Pero como bo artista explora outras disciplinas. Tanto así que podemos falar dunha evolución dende as súas primeiras obras e tamén quizais de dous fíos conductores: o retrato como representación, e a figura de Lady Gaga como referente estético.

"A min pintar paisaxes ou outras cousas tradicionais non me motiva en absoluto".


COMELUZ ARTISTA



www.comeluzartista.com

https://www.facebook.com/comeluz.artista5

instagram: @comeluz.artista


"Considérome un artista polifacético, xa que a pesar de permanecer sempre á sombra dun lapis e un caderno, encántame probar cousas novas".

"Nestes anos experimentei unha serie de vivencias persoais e profesionais que leváronme a evolucionar e transformala miña carreira, chegando a mudar o meu nome polo alcume Comeluz".


JESSICA PICO CORRAL


https://www.facebook.com/Jessica-Pico-349550988924153/


Pontesa, diseñadora gráfica e debuxante, amosa as súas creación nas redes sociais namentres soña con poder vivir algún día deste traballo.

"Comecei de cativa copiando os deseños que facía a miña nai. O meu avóo tamén debuxaba animais moi ben. Sempre me gustou, debo levalo no sangue".



TANIA COSTOYA SOTO


https://www.facebook.com/tania.costoyasoto

instagram: @taniacostoya_lustracion


"Ilustradora e profesora de debuxo afincada en Vigo, mesmo que oriúnda de Ferrol.

Regresa para continuar a obra comezada en 2018 en Rúa Alegre."


JOANA SARAIVA CRUZ


https://www.behance.net/user/?username=joanasaraivacruz

instagram: @jsrvcrz

"Estudante na Faculdade de Letras da Universidade do Porto, esta artista portuguesa chega este ano a Meninas en compaña de  Teresa Marinho."



TERESA T MARINHO


https://www.facebook.com/teresatmarinho/

instagram: @teresatmarinho

Fotógrafa portuense radicada en Barcelona. Deseñadora gráfica e apaixoada pola arte en tódalas súas expresións e sempre aberta a novos proxectos e colaboracións. Chega a Canido este ano xunto a Joana Saraiva Cruz.




JORGE M MEANA


https://www.facebook.com/jorge.m.meana


"Arquitecto e compoñente de The Finespan (xunto con Hey Juddy e Finu Candacol), asiduo da axenda cultural viguesa e este ano tamén presente en Canido."

RICOTELIA

BÁRBARA E PATRICIA RICO


www.ricotelia.com

https://www.facebook.com/ricotelia/

instagram: @ricotelia


"Somos Bárbara e Patricia Rico e desde Ricotelia ofrecemos a nosa filosofía de vida en artículos "molones" que nós mesmas deseñamos.

Somos "buen rolleras", encántanos rirmos e facémolo con calquera excusa. Eu (Bárbara) son quen pinta e a miña irmá (Patricia) quen me axuda en tódolo demais.

Desde o obradoiro da miña casa (en Canido) creamos deseños que despois plasmamos (bien pintando a man ou ben imprimindo) en artigos sen os que nós mesmas non pederiamos vivir".

JAN VANHAUWEART

(JAN ART STUDIO)


https://www.facebook.com/jan.art.studio


"Sen ser licenciada en Artes, pinto e debuxo dende pequecha. Profesora de Literatura de profesión, emprego a miña desbordante imaxinación e o amor pola arte para pintar ao óleo usando o realismo como inspiración. Ao meu parecer, só o realismo acada a facer sentir que a pintura ten vida de seu".

MANU SANDOMINGO



https://manusandomingo.wordpress.com


"Pinto a miña cidade A Coruña, porque pintando vexo o que doutro xeito non podo. Gústanme as paisaxes urbanas (en realidade gústanme as paisaxes en xeral). Tamén me gusta a xente, daí que sempre tente integralas nas paisaxes. Os meus cadros falan de expresionismo na scores, mais queren ser impresionistas nas formas; pintura fresca en cor e materiais. Aficionado á pintura ao ar libre, gustaríame seguir aprendendo das miñas cores e a seguir soñando pintura".