PRESENTACIÓN


O Festival As Meninas de Canido nace en 2008 da man da Agrupación Artística as Meninas de Canido, co obxectivo de transformar o barrio de Canido devolvéndolle a luz ás fachadas víctimas do abandono, do deterioro ou do vandalismo.

As Meninas De Canido é un festival artístico e cultural en sentido amplo onde imaxe e son toman as rúas en homenaxe a Velázquez, pero ante todo, como reivindicación dun barrio vivo en permanente transformación.

Coa participación de artistas locais e internacionais, durante tres días Ferrol, con epicentro no noso barrio de Canido, convértese na capital galega da arte urbana. Unha oportunidade única para comprender e participar dos procesos de creación artística en vivo e in situ.

Pero non só iso. Porque As Meninas de Canido é un festival para todos os sentidos e para tódolos públicos. E por iso na presente edición 2019 queremos ampliar a oferta de actividades e servizos a vosa disposición e para o voso goce con novas áreas con obradoiros de artesáns, alimentación, feira de artesanía ou unha aldea infantil, a maiores de pintura, música, escultura, fotografía, ilustración, entre outras. Por todas estas razóns e moitas máis agardamos a vosa visita.

Sede benvidos a Canido. ¡Comezan As Meninas " 2019!