FOTOGRAFÍA

FOTOGRAFÍA NA RÚA
CANIDO
VELAZQUEANDO
XURXO LOBATO
"O fotoxornalismo e asúa vocación principal, aínda que o longo da súa traxectoria fixo publicidade, fotografía artística e retrato centrándose nos últimos na fotografía documental.
A súa intención sempre foi contar, comunicar mediante as imaxes, construír historias onde reflectise a vida e as xentes ao seu redor."
PROXECCIÓN FOTOGRÁFICA
"PAPEL DE CALZONCILLO"
22:00 PRAZA DA AUGA
ALICIA SEOANE
"O meu vencello coa fotografía é sacro, íntimo e persoal, atrápanme as historias que falan do aquí e do alén, das realidades intanxibles, da vida e da morte, da nosa esencia atemporal e caduca, pero tamén luminosa."

PROXECCIÓN FOTOGRÁFICA
"PAPEL DE CALZONCILLO"
22:00 PRAZA DA AUGA
SUQUI CASTRO
(Sobrado, A Coruña)
"Fotógrafa autodidacta. Participou en obradoiros e seminarios con fotógrafos e outros artistas, como Max Pinckers, Ricky Dávila, José Manuel Navia, Camiño Laguillo, Antonio Xoubanova, Carlos Albalá, Yorgos Karailias, Rubén Panete, Felix Fuentes, Antía Otero, Pablo Mella ou Javier Trigales. Conta ademáis coa participación en varias exposicións individuais e colectivas. En 2016 gañou o primeiro premio no Festival Internacional Visions . Ademais da fotografía, outras das miñas paixóns son a química (é profesora/investigadora de Química de Materiais na universidade), a difusión da ciencia, as viaxes e o montañismo. "
PROXECCIÓN FOTOGRÁFICA
"PAPEL DE CALZONCILLO"
22:00 PRAZA DA AUGA
CAROLINA MARTÍNEZ
https://fotografiayotrosdolores.com/
https://www.facebook.com/Srta.Martinez.Rodriguez
twitter: @_Srta_Martinez
instagram: @_srta_martinez_
"As miñas incursións no mundo da fotografía comezan ao redor de trece anos aprendendo de fotográfos e de maneira autodidacta de todo o que cae nas miñas mans desta arte. Pero é con Jorge Meis co que comezo a profundar na teoría fotográfica e aprendo a usar tanto as cámaras como o laboratorio en branco e negro. Despois dunha etapa afastada da fotografía por desencanto e por razóns persoais, retomo a fotografía con forza sentindo a necesidade de profundizar e teorizar máis profundamente no acto fotográfico e a semiótica das imaxes.
O avance do meu traballo persoal lévame a investigar aínda máis sobre a obra do autor e a gran necesidade que sinto para desenvolver unha obra persoal e de autor, faime participar en varios obradoiros de toda a xeografía española na procura de respostas e orientación. Fun seleccionada, para formar parte, do "II Encontro de Artistas Novos" organizado na Cidade da Cultura de Galicia e para "Novos", de PhotoEspaña na Agora de Coruña. En 2013 estou seleccionado para visitar carteiras en Zoo, Xixón e para as "Proxeccións MUBAM" organizadas por Cienojos e en 2015 e para ver AliBaBá en Murcia.
En 2018 publico coa editorial Cousa Nostra, "All tomorrow's party", o meu primeiro fotolibro.

PROXECCIÓN FOTOGRÁFICA
"PAPEL DE CALZONCILLO"
22:00 PRAZA DA AUGA
LUPE ANEIROS
instagram: @lupe_aneiros

PROXECCIÓN FOTOGRÁFICA
"PAPEL DE CALZONCILLO"
22:00 PRAZA DA AUGA
LUPE VÁZQUEZ
https://lupevazquezphotography.tumblr.com
facebook: https://www.facebook.com/lupevl
instagram: @lupevazquez
"Chegou á fotografía dende a arquitectura e descubriu o retrato. A contemplación do ser humano contoulle as historias que se agochan en cada xesto, en cada corpo. Lupe é unha narradora visual, as súas fotos son guións, as súas composicións teñen o substantivo e o verbo, unha suxestión premeditada para deixar ao espectador inventar un final. Ao xeito dun director cinematográfico, sempre xera argumentos suficientes, ás veces só con dous fotogramas, para que quen contemple a súa obra disfrute da película que ela xa construíu na súa cabeza."
Texto de Ariana Fernández

PROXECCIÓN FOTOGRÁFICA
"PAPEL DE CALZONCILLO"
22:00 PRAZA DA AUGA
ALBA LAOTRA
instagram: https://www.instagram.com/laotralba